22 empresas galegas poderán implantar o estandar OHSAS 18001:2007 gratuitamente co apoio da Xunta e de FEGAPE

ohsas1A Xunta de Galicia confirmou o pasado 22 de Xuño o apoio, un ano máis, ao proxecto FEGAPE OHSAS 2016, que permitirá a 22 empresas galegas dos parques emrpesariais que o desexen, implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007.

A participación no proxecto OHSAS-FEGAPE é gratuita para as empresas galegas que estén asociadas aos parques empresariais galegos. O único trámite que teñen que facer as empresas para participar é cubrir a ficha de participación que e remitila a tecnico@fegape.org .

Díptico proxecto ohsas fegape 2014

ficha_participacic3b3n_ohsas_fegape_20163 Seguir lendo

Ábrese o prazo de reserva de prazas no Proxecto FEGAPE OHSAS 2016 para a implantación gratuita do estandar OHSAS 18001:2007 nas empresas galegas ubicadas en parques empresariais de FEGAPE

Beneficios de OHSAS 18001Como en anos anteriores, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), traballa xa na posta en marcha do proxecto OHSAS 18001:2007, un proxecto encamiñado á implantación de sistemas de xestión da prevención de riscos laborais nas empresas galegas ubicadas en parques empresariais e entidades asociadas a FEGAPE que desexen participar nel.

O proxecto FEGAPE OHSAS plantexa este ano 2 talleres, no norte e sur de Galicia, para 11 empresas en cada taller que teñan como obxectivo implantar este estandar de prevención de xeito totalmente gratuito para as empresas. Consulta no noso Diptico OHSAS 2016 toda a información do proxecto.

As empresas interesadas poden descargar a ficha_participacic3b3n_ohsas_fegape_20163 e remitilo escaneado á seguinte dirección tecnico@fegape.org.

El estrés laboral: estrategias para erradicarlo.

4f526841a553fcd66c56db62f4d67d88Con motivo de la Semana Europea de la Seguridad y Salud en el trabajo 2015, publicamos un artículo de Pablo Búa Burgos, Técnico Superior en Prevención de Riesgos Laborales y experto en la materia, sobre el estres laboral, un problema creciente en nuestra sociedad.

El estrés laboral lo conocemos como la reacción que puede tener el individuo ante exigencias y presiones laborales que no se ajustan a sus conocimientos y capacidades y que ponen a prueba su capacidad para afrontar la situación. Seguir lendo

Aberto o prazo para apuntarse ao proxecto FEGAPE OHSAS 2015

seguridad-3.jpg

Un ano máis, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), pon en marcha o proxecto OHSAS 18001:2007, un proxecto encamiñado á implantación de sistemas de xestión da prevención de riscos laborais nas empresas galegas que desexen participar nel.

O proxecto FEGAPE OHSAS plantexa este ano 2 talleres, no norte e sur de Galicia, para empresas que teñan como obxectivo implantar este estandar de prevención de xeito totalmente gratuito para as empresas.

As empresas interesadas poden descargar aquí o formulario de inscripción e remitilo escaneado á seguinte dirección tecnico@fegape.org.

Formulario de inscripción Ficha_participación_ohsas_fegape_2015

Dan comezo os Talleres formativos do proxecto OHSAS FEGAPE 2014 en Porriño e en Ferrol

IMG_0545Fotos 16072014 004O pasado martes 21 de Xullo daban comezo en Porriño e en Ferrol, os talleres formativos do proxecto OHSAS FEGAPE 2014, impartidos pola empresa consultora Galipad Consulting SL, coa presenza das empresas participantes nesta edición (Alonarti Envases, Citic Censa, DEMSU, Proyfe y Electricidad Permuy), que terán como obxectivo fornecer dunha base técnica ás empresas de cara a poder implantar a norma OHSAS 18001:2007 nas empreas. Unha vez superada a fase inicial de formación, as empresas recibirán o apoio técnico e a titorización necesarias para poder implantar e auditar a norma. O proxecto tivo boa acollida entre as empresas participantes e rematará no mes de outubro.

FEGAPE pon en marcha o proxecto OHSAS 2014 coa participacion de 5 empresas galegas

poligono_a_granxa

As porriñesas Citic- Censa, Alonarti Envases, a mosense Deseño e Modelado de Superficies (DEMSU) e as empresas da área empresarial de Ferrol, Electricidad Permuy e Proyfe, foron as empresas seleccionadas na nova edición do proxecto OHSAS FEGAPE 2014 que deu comezo estes días, logo da resolución de apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

O proxecto da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), será executado pola consultora galega GALIPAD, terá unha duración de 3 meses e permitirá a estas empresas implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007.

Aberto o prazo para que as empresas se inscriban gratuitamente no proxecto OHSAS FEGAPE 2014

Image

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), abriu hoxe o prazo para que as empresas galegas poidan solicitar participar no proxecto OHSAS FEGAPE 2014, para poder implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007 (sistema de xestión da seguridade e saúde laboral). Descarga aquí o díptico informativo do proxecto (Díptico proxecto ohsas fegape 2014)

A participación no proxecto OHSAS-FEGAPE é gratuita para as empresas galegas que estean asociadas aos parques empresariais federados en FEGAPE. O único trámite que teñen que facer as empresas para participar é cubrir o cuestionario (Ficha_participación_ohsas_fegape_2014) que se achega e remitilo a tecnico@fegape.org.
Seguir lendo