Arquivos mensuais: Xuño 2012

O Proxecto OHSAS-FEGAPE 2012 dará inicio o vindeiro xoves día 5 de Xullo

O Proxecto FEGAPE-OHSAS 2012 dará inicio o vindeiro xoves día 5 de Xullo segundo informou a Federación Galega de Parques Empresariais.

O acto de presentaciòn do proxecto realizaráse no Salón de Actos da Asociación de Empresarios de Ferrolterra (Punta Arnela, Edificio de Usos Múltiples, 2ª Planta) co seguinte horario:

16:00 horas

Presentación da Xornada a Cargo da Asociación de Empresarios de Ferrolterra

Exposición do Programa do Proxecto FEGAPE-OHSAS 2012 a cargo do Coordinador do Proxecto

Presentación da Norma OHSAS 18001:2007 a cargo da Certificadora AENOR

Intervención do Secretario Xeral da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE)

 16:30 horas-20:30 horas

 Primer Taller de Implantación da Norma OHSAS 18001:2007 nas empresas participantes a cargo do Técnico en OHSAS, Javier Cerdeira

Advertisements

FEGAPE dará comezo ó Proxecto OHSAS 18001:2007 no mes de Xullo de 2012

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), dará comezo a principios do mes de Xullo de 2012 ó seu proxecto de Talleres de implantación de Sistemas de Seguridade e Saude Laboral conforme o Standar OHSAS 18001:2007 no mes de Xullo de 2012 segundo informou hoxe o persoal directivo de FEGAPE. O proxecto OHSAS-FEGAPE 2012 terá como novidade ademáis dos tradicionais Talleres de Implantación da norma OHSAS nas empresas participantes, 5 Talleres Formativos abertos ó público en xeral sobre a propia norma OHSAS 18001:2007. Nos vindeiros días iremos publicando nesta Plataforma as datas e lugarse de celebración dos mesmos.

Benvidos ó Portal FEGAPE Prevención!

Benvidos ó Portal Fegape Prevencion, unha iniciativa da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) enmarcada no proxecto OHSAS (DESEÑO E DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE XESTIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO CONFORME AO ESTÁNDAR OHSAS 18001:2007 PARA EMPRESAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS DE “FEGAPE”) finaciado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e FEGAPE, que cumple este ano a súa 6ª Edición, amosando con elo o compromiso de FEGAPE coa prevención de riscos laborais.

O Portal Fegape Prevención ten como obxectivo representar unha plataforma na procura da mellora da seguridade e saude laboral no eido empresarial galego, como una iniciativa máis do Proxecto OHSAS FEGAPE 2012, proxecto que un ano máis, da man da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e de FEGAPE, poñemos en marcha.

Ó longo do proxecto OHSAS FEGAPE 2012, este portal servirá para ir amosando o avance do proxecto e a evolución dos Talleres de Formación en OHSAS 18001:2007 que realizaremos para mellorar a formación nesta norma nas empresas galegas participantes.