Arquivos mensuais: Xullo 2013

A Xunta de Galicia apoia novamente o proxecto OHSAS 18001:2007 para o 2013

ohsas1Unha nova edición  do proxecto OHSAS 18001:2007 de FEGAPE terá novamente o apoio da Xunta de Galicia para a súa execución. Así o manifestou hoxe a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia coa resolución no que concede o seu apoio a un proxecto que FEGAPE leva executando dende o ano 2007, inninterrumpidamente, o que representa un importantísimo apoio para a labor de FEGAPE de promoción da prevención de riscos laborais e potenciación da seguridade e saude laboral nas empresas galegas.

Nesta ocasión como en anos anteriores, o proxecto permitirá gratuitamente, a implantación de sistemas de xestión de seguridade e saude laboral baseadas no estandar OHSAS 18001:2007 de Sistemas de Xestión e Seguridade e Saúde Laboral.

Advertisements