Arquivos mensuais: Abril 2014

Aberto o prazo para que as empresas se inscriban gratuitamente no proxecto OHSAS FEGAPE 2014

Image

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), abriu hoxe o prazo para que as empresas galegas poidan solicitar participar no proxecto OHSAS FEGAPE 2014, para poder implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007 (sistema de xestión da seguridade e saúde laboral). Descarga aquí o díptico informativo do proxecto (Díptico proxecto ohsas fegape 2014)

A participación no proxecto OHSAS-FEGAPE é gratuita para as empresas galegas que estean asociadas aos parques empresariais federados en FEGAPE. O único trámite que teñen que facer as empresas para participar é cubrir o cuestionario (Ficha_participación_ohsas_fegape_2014) que se achega e remitilo a tecnico@fegape.org.
Seguir lendo

Advertisements

Guía para a realización e posta en marcha dun Plan de Mobilidade na empresa

Image

O Departamento de Prevención da mutua de accidentes Egarsat, confeccionou unha nova guía que ten por obxectivo facilitar o desenvolvemento e implementación dunha Plan de Movilidad na empresa a través dunhas pautas claras e organizadas. Ademais, a guía recolle o testemuño de destacadas empresas do país na materia, e ofrece apoio a aquelas organizacións que desexen solicitar o Incentivo Bonus en Prevención por contribuír eficazmente á redución da siniestralidad laboral e realizar actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Seguir lendo