Arquivos mensuais: Xullo 2014

Dan comezo os Talleres formativos do proxecto OHSAS FEGAPE 2014 en Porriño e en Ferrol

IMG_0545Fotos 16072014 004O pasado martes 21 de Xullo daban comezo en Porriño e en Ferrol, os talleres formativos do proxecto OHSAS FEGAPE 2014, impartidos pola empresa consultora Galipad Consulting SL, coa presenza das empresas participantes nesta edición (Alonarti Envases, Citic Censa, DEMSU, Proyfe y Electricidad Permuy), que terán como obxectivo fornecer dunha base técnica ás empresas de cara a poder implantar a norma OHSAS 18001:2007 nas empreas. Unha vez superada a fase inicial de formación, as empresas recibirán o apoio técnico e a titorización necesarias para poder implantar e auditar a norma. O proxecto tivo boa acollida entre as empresas participantes e rematará no mes de outubro.

Advertisements

FEGAPE pon en marcha o proxecto OHSAS 2014 coa participacion de 5 empresas galegas

poligono_a_granxa

As porriñesas Citic- Censa, Alonarti Envases, a mosense Deseño e Modelado de Superficies (DEMSU) e as empresas da área empresarial de Ferrol, Electricidad Permuy e Proyfe, foron as empresas seleccionadas na nova edición do proxecto OHSAS FEGAPE 2014 que deu comezo estes días, logo da resolución de apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

O proxecto da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), será executado pola consultora galega GALIPAD, terá unha duración de 3 meses e permitirá a estas empresas implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007.