Arquivos mensuais: Marzo 2016

Ábrese o prazo de reserva de prazas no Proxecto FEGAPE OHSAS 2016 para a implantación gratuita do estandar OHSAS 18001:2007 nas empresas galegas ubicadas en parques empresariais de FEGAPE

Beneficios de OHSAS 18001Como en anos anteriores, a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), traballa xa na posta en marcha do proxecto OHSAS 18001:2007, un proxecto encamiñado á implantación de sistemas de xestión da prevención de riscos laborais nas empresas galegas ubicadas en parques empresariais e entidades asociadas a FEGAPE que desexen participar nel.

O proxecto FEGAPE OHSAS plantexa este ano 2 talleres, no norte e sur de Galicia, para 11 empresas en cada taller que teñan como obxectivo implantar este estandar de prevención de xeito totalmente gratuito para as empresas. Consulta no noso Diptico OHSAS 2016 toda a información do proxecto.

As empresas interesadas poden descargar a ficha_participacic3b3n_ohsas_fegape_20163 e remitilo escaneado á seguinte dirección tecnico@fegape.org.

Advertisements