FEGAPE pon en marcha o proxecto OHSAS 2014 coa participacion de 5 empresas galegas

poligono_a_granxa

As porriñesas Citic- Censa, Alonarti Envases, a mosense Deseño e Modelado de Superficies (DEMSU) e as empresas da área empresarial de Ferrol, Electricidad Permuy e Proyfe, foron as empresas seleccionadas na nova edición do proxecto OHSAS FEGAPE 2014 que deu comezo estes días, logo da resolución de apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

O proxecto da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), será executado pola consultora galega GALIPAD, terá unha duración de 3 meses e permitirá a estas empresas implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007.

Advertisements

Aberto o prazo para que as empresas se inscriban gratuitamente no proxecto OHSAS FEGAPE 2014

Image

A Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), abriu hoxe o prazo para que as empresas galegas poidan solicitar participar no proxecto OHSAS FEGAPE 2014, para poder implantar gratuitamente o estandar OHSAS 18001:2007 (sistema de xestión da seguridade e saúde laboral). Descarga aquí o díptico informativo do proxecto (Díptico proxecto ohsas fegape 2014)

A participación no proxecto OHSAS-FEGAPE é gratuita para as empresas galegas que estean asociadas aos parques empresariais federados en FEGAPE. O único trámite que teñen que facer as empresas para participar é cubrir o cuestionario (Ficha_participación_ohsas_fegape_2014) que se achega e remitilo a tecnico@fegape.org.
Seguir lendo

Guía para a realización e posta en marcha dun Plan de Mobilidade na empresa

Image

O Departamento de Prevención da mutua de accidentes Egarsat, confeccionou unha nova guía que ten por obxectivo facilitar o desenvolvemento e implementación dunha Plan de Movilidad na empresa a través dunhas pautas claras e organizadas. Ademais, a guía recolle o testemuño de destacadas empresas do país na materia, e ofrece apoio a aquelas organizacións que desexen solicitar o Incentivo Bonus en Prevención por contribuír eficazmente á redución da siniestralidad laboral e realizar actuacións efectivas na prevención dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais. Seguir lendo

O Director Xeral de Prevención e Economia Social, Odilo Martiñá, entrega os diplomas OHSAS as empresas participantes na edición 2013

Image

O director xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá, entregou hoxe xunto con David Sobral Pidre, xerente da Asociación de Empresarios As Gándaras-Porriño, e Nicolás Vaqueiro Gradín, Director da Consultora Galipad Consulting SL, as distincións ás empresas participantes no proxecto de implantación do recoñecemento OSHAS dentro do proxecto OHSAS 2013 Seguir lendo

Arranca a edición 2013 do proxecto OHSAS 18001:2007 organizado por FEGAPE

foto_poligono_02A sexta edición do proxecto OHSAS FEGAPE arranca hoxe no Centro de Iniciativas Empresariáis de A Granxa, no municipio pontevedrés de O Porriño. Nesta edición, participan 5 empresas do sector farmaceutico, químico, industrial, fabricación de maquinaria e carpintería de aluminio.

Cinco empresas que poderán implantar gratuitamente a norma OHSAS 18001:2007 e que mellorarán a súa capacidade de resposta ante os accidentes laboráis mellorando a xestión da prevención de riscos laboráis na súa empresa gracias o proxecto de FEGAPE e a Consellería de Traballo e Benestar.

O proxecto desenvolverá a súa actividade nos meses de setembro e outubro de 2013 e permitirá implantar a norma OHSAS 18001:2007 a estas empresas de xeito gratuito.

A Xunta de Galicia apoia novamente o proxecto OHSAS 18001:2007 para o 2013

ohsas1Unha nova edición  do proxecto OHSAS 18001:2007 de FEGAPE terá novamente o apoio da Xunta de Galicia para a súa execución. Así o manifestou hoxe a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia coa resolución no que concede o seu apoio a un proxecto que FEGAPE leva executando dende o ano 2007, inninterrumpidamente, o que representa un importantísimo apoio para a labor de FEGAPE de promoción da prevención de riscos laborais e potenciación da seguridade e saude laboral nas empresas galegas.

Nesta ocasión como en anos anteriores, o proxecto permitirá gratuitamente, a implantación de sistemas de xestión de seguridade e saude laboral baseadas no estandar OHSAS 18001:2007 de Sistemas de Xestión e Seguridade e Saúde Laboral.

Comeza o Curso sobre Sistemas de Seguridade e Saude Laboral conforme o estandar OHSAS 18001:2007 na sede da Asociación de Empresarios de A Grela

O pasado mércores 5 de Setembro, deu comezo o Curso sobre Sistemas de Seguridade e Saude Laboral conforme o estandar OHSAS 18001:2007 organizado pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), e financiado pola Consellería de Traballo e Benesta da Xunta de Galicia.
O curso, cunha duración de 20 horas entre formación e tutorías, ten con obxectivo formar ós asistentes no estandar OHSAS 18001 e permitir así adquirir unha capacitación para asumir tarefas de responsable de prevención de riscos na empresa ós asistentes.