PROXECTO OHSAS

O Proxecto OHSAS-FEGAPE enmárcase dentro do paquete de accións de fomento da prevención de riscos laborais de FEGAPE que a Consellería de Traballo e Benestar ven subvencionando dende fai anos a través da Orde de Subvencións para o fomento da PRL en Galicia, cumprindo neste ano 2012, a súa sexta edición, tendo como obxectivo levar a cabo unha serie de accións concretas a realizar co obxectivo de mellorar a PRL nas empresas participantes

Obxectivos do Proxecto OHSAS-FEGAPE

O Proxecto OHSAS-FEGAPE ten como obxectivos:

§  Realización de Talleres de Mellores Prácticas de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo e implantación de Sistemas de Xestión da Seguridade e Saude no Traballo conforme ao Estándar OHSAS 18001:2007.

§  Realización dun Diagnóstico de Situación das empresas participantes no proxecto respecto á Prevención de Riscos Laborais.

§  Realización de 5 Talleres de Formación Especícidos sobre a Norma OHSAS 18001:2007 para as empresas galegas

Resultados para as empresas participantes

O bo uso das metodoloxías propostas no proxecto de Talleres de Implantación de OHSAS 18001:2007 e Diagnóstico de Situación das empresas participantes no proxecto respecto á Prevención de Riscos Laborais, permitirá, como nos anos anteriores, obter excelentes resultados que poderán sintetizarse en:

1.- Mellora da productividade debido a unha potencial diminución do número de accidentes de cada un dos traballadores das empresas.

2.- Aforro de costos:

        – Evitando sancións e paralizacións da actividade, causadas polo incumprimento da lexislación en materia de prevención de riscos laborais.

       – Obtendo reduccións nas primas dalgúns seguros relacionados como, por exemplo, os seguros contra incendios.

3.- Aporta unha mellora continua na xestión, mediante a integración da prevención en todos os niveles xerárquicos e organizativos, e a utilización de metodoloxías, ferramentas e actividades de mellora.

4.- Reforza a motivación dos traballadores a través da creación dun lugar e un ambiente de traballo mais ordenados e seguros, e da súa implicación e participación nos temas relacionados coa prevención.

5.- Proporciona ferramentas para diminuír os incidentes e accidentes laborais e, como consecuencia, reducir os gastos que estes ocasionan.

6.- Proporciona unha potenciación da imaxe da empresa de cara aos clientes, á sociedade e á administración, demostrando o compromiso da organización coa seguridade e a saúde dos traballadores.

7.- Proporciona unha ampla visión dos diferentes métodos de avaliación dos riscos e dos xeitos de investigar accidentes e incidentes de traballo.

8.- Mellora dos marxes para obter un mellor RNE (Resultado Neto de Explotación).

9.- Mellora da cualificación do capital humano do mercado laboral.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s